viernes, 22 de mayo de 2009

clausura do I Certamen de Teatro Afeccionado

Pois estamos apuntiño de rematar este I certame de teatro afeccionado que organiza a Asoc. Cultural e Xuvenil Escola Artística de Cuntis.

Será o vindeiro domingo 24 de maio no Centro Xuvenil X. R. Patelas:

19hrs: estrea da obra "Rome e Xulieta" a cargo do grupo infantil de teatro da Escola Artística.

20hrs: daranse a coñecer os gañadores e farase entrega do premios do I Certame de Teatro Afeccionado.

Por suposto, queremos contar cos compoñentes dos distintos grupos que pasaron por Cuntis este mes de maio e tamén, claro está, co publico que acudeu a cada función e participou co seu voto.

Alí nos vemos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario